Axendas anuais 2022

Axenda anual 2022 A6 Habelas hainas

16,90 €

Axenda anual A6 con deseño exclusivo de Animosa inspirado na frase: "Habelas, hainas. Eu son unha delas". E que sempre estivemos orgullosas das meigas!

Apetéceche un ano novo co pulo desas meigas das que falababan as nosas avoas nos seus contos arredor da lareira? Axenda dunha páxina por día. Con todo o mes dunha ollada pra apunta-las datas crave. Con ferramentas pra tomar decisións, xestionar anoxos, frases motivadoras, e moitas máis sorpresas no seu interior. E de tamaño mediano pra que poidas levala contigo a todas partes. A túa compañeira dun ano de ilusión e de non conformarse, de rebelarse, de gozar e de aprender!

Más detalles

PA73G

Descripción del producto


Tiveches algunha vez unha axenda co tamaño xusto pra levala contigo a todas partes? Esta teno. E vén con tapa dura. Con peche con goma. Con páxina por día. Con marcapáxinas coa biografía da persoeira. Con frases de grandes pioneiras. Con deseños exclusivos, creados especialmente pra mulleres que loitan cada día por logra-los seus obxectivos.

Deseñada e fabricada en Galiza poñendo moito agarimo nos detalles.

Medidas: 10,8 x 14,9 cm.

Reseña del producto


Productos Relacionados