Cunca Galicia Terra Meiga
Cunca con deseño exclusivo de Animosa inspirado na frase: «Galicia terra meiga, miña casiña meu lar». As nosas cuncas veñen presentadas nunha elegante caixa de cartón adornada cos símbolos do noso escudo: o loureiro (símbolo do respecto, a forza e o éxito), a flor de lis (que representa nobreza, lealdade, xenerosidade e perfección) e libélulas (símbolo do equilibrio, a madurez, a forza e a coraxe).
Deseñada e fabricada en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.
Cunca tipo mug (capacidade 30 cl.). Tódalas nosas cuncas están producidas unha a unha pra que a calidade da impresión sexa óptima. Se atopas diferenzas entre ellas, forman parte da súa orixinalidade e fainas exclusivas.
Recoméndase non empregar deterxentes abrasivos nin estropallos metálicos e o lavado a man.
Productos relacionados