En galego

Axenda Anual 2020 Rosalía Meu Camiño

21,90 €

Imaxinas unha axenda anual pra o 2020 inspirada en Rosalía de Castro coa súa frase na portada: "Dende aquí vexo un camiño que non sei adonde vai; polo mismo que n'o sei, quixera o poder andar"? Pois aquí tela. Deseñada e fabricada en Galiza.

Más detalles

PA11G

Descripción del producto


Ferramenta de xestión de tempo. Deseños exclusivos, creados especialmente pra mulleres que loitan cada día por acada-los seus obxectivos e avanzar na consecución dos teus propósitos. Axenda anual 2020.

En portada frase de Rosalía: Dende aquí vexo un camiño que non sei adonde vai; polo mismo que n'o sei, quixera o poder andar. Tapa dura. Peche con goma. Marca follas con pequena biografía da persoeira.

Centos de frases de mulleres que che inspirarán ao longo do ano. Almanaques completos pra que teñas o teu ano nunha ollada. Centos de frases de mulleres que che inspirarán ao longo do ano. Fichas prá túa organización en diferentes bandas da axenda.

Ampliación de memoria, ferramentas de xestión do tempo, reflexións, ferramentas de toma de decisións, ideas, obxectivos, plans. Ao comezo de cada mes, portada inspiradora con ilustración de Animosa e almanaque pra planificación do mes.

Páxinas de vista cotián. Sinalamos as datas importantes, as nosas festas e feiras máis populares. Atoparás tamén refráns galegos e típicos ditos da avoa. Datas claves das mulleres que nos inspiran pra saber un chisco máis delas. Historias sobre mulleres galegas e mulleres do mundo enteiro.

Medidas: 17 x 21,5cm. Deseñada e fabricada en Galiza.

Reseña del producto


Información Adicional


IdiomaGallego

Productos Relacionados