Descripción del producto
Cunca con deseño exclusivo de Animosa inspirada na soada frase de Christine de Pinzan en galego: "Fuxide damas miñas, fuxide do insensato amor con que vos apreman".
Cunca tipo mug (capacidade 30 cl.) Pode meterse no microondas e o lavalouzas. Inclúe un marcapáxinas como homenaxe a todas as mulleres que derrubaron muros e abriron camiños.
Vai envolta nunha caixa orixinal coa nosa frase: "con desexos de aventuras apaixoantes e un feixe de sorrisos compartidos".
As nosas cuncas están producidas unha a unha para que a calidade da impresión sexa óptima. Podes atopar certas diferenzas entre elas. Calquera imperfección neste produto é parte da súa orixinalidade.