No tienes productos en tu carrito.
Respetamos tu privacidad. Prometemos no bombardearte con emails y nunca, nunca compartiremos o venderemos tu información.
Tarxeta inspirada na frase de Rosalía de Castro: “Agardade e crede. Crea a que cre”. Rosalía é poesía, morriña, emoción. Felicitar a unha boa amiga cos seus versos é un luxo para todas nós.
Tarxeta inspirada na frase “Sempre ao teu carón”. É tamén unha homenaxe a Maruxa e Coralia, as inseparables irmás compostelás que se rebelaron contra a ditadura e foron todo un berro de liberdade en tempos escuros.
Tarxeta con deseño exclusivo de Animosa inspirado na frase: “Miña naiciña, meu lar”. Porque o fogar máis importante de cada unha sempre foi a nosa nai. Unha tarxeta para que no seu día lembre que a queremos. E o resto de días, moitos bicos para que non se esqueza!
Tarxeta con deseño exclusivo de Animosa inspirado na frase: “Valente, agarimeira, loitadora”. Tres palabras que definen moi ben a cada mamá. Para que o día da nai lembre que a queremos. E o resto de días, moitos mimos para que non se esqueza!
Tarxeta de felicitación con deseño exclusivo de Animosa e inspirada na frase de Rosalía: Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.
Tarxeta con deseño exclusivo de Animosa e frase en galego: Os carballos máis fortes, medran có vento en contra.
Tarxeta con deseño exclusivo de Animosa e frase en galego de Rosalía de Castro: Miña terra, miña terra, terra donde m’eu criei.
Tarxeta de felicitación con deseño exclusivo de Animosa e inspirada na frase de Rosalía: Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo.