Mochila Rosalía cesto
Mochila de algodón en cor negra con deseño exclusivo de Animosa e a ilustración da escritora Rosalía de Castro.
Mochila/bolsa multiusos de cor negra, 2 en 1, que podes levar na man ou ás costas. Dimensións: 38 x 41,5 cm.
Fabricada en algodón reciclado con peche fruncido con dous cordóns. Ilustrada na cara frontal coa imaxe exclusiva de Rosalía de Castro. Inclúe unha etiqueta de cartón coa historia da autora, que podes usar como marcapáxinas.
Esta mochila foi deseñada e estampada en Galicia, unha a unha pra que a calidade da impresión sexa óptima, polo que podes atopar certas diferenzas entre elas. Esa variación forma parte da súa orixinalidade e fainas exclusivas.