Almanaque de parede 2027 Galega
Calendario de parede 2027 con deseño exclusivo de Animosa, inspirado en cepas galegas. Na portada, a frase: «Galega de pura cepa».
Os nosos almanaques pra colgar na parede son grandes, con espazo abondo pra apunta-lo todo. Encuadernados con wire-o superior. Ilustracións exclusivas de Animosa en cada mes e con deseño na portada inspirado en cepas galegas, frases inspiradoras e días sinalados.
Na parte inferior, un espazo pra que axendes plans pra ti e outros que non podes deixa-los pasar. Inclúe un almanaque anual nunha soa páxina ao final, pra que teñas todos os meses dunha ollada.
Medidas: A3 (29,7 cm x 42 cm) impresos en papel estucado mate de 225 gr.
Este almanaque foi deseñado e producido en Galicia, coidando ata o último detalle.