Axenda 2024 A5 Diaria Rosalía Flores
Axenda anual A5 inspirada na frase «Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas», de Rosalía de Castro. Inclúe pegatinas. Axenda dunha páxina por día. Con todo o mes dunha ollada pra apuntar-las datas crave. Con frases motivadoras e moitas máis sorpresas no seu interior. A túa compañeira dun ano de ilusión e de non conformarse, de rebelarse, de gozar e de aprender! Inclúe marcafollas.
Con tapa dura, peche con goma e marcafollas que inclúe unha biografía da persoeira. Con frases de grandes pioneiras. Con deseños exclusivos, creados especialmente pra mulleres que loitan cada día por acada-los seus obxectivos. Medidas: 17 x 21,5 cm. Deseñada e fabricada en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.
Productos relacionados