Axenda 2026 A5 Diaria Filomena Dato Luz
Axenda anual tamaño A5, en galego, inspirada na poeta Filomena Dato. Na portada, a súa cita: «É luz perenne e clara, a luz con que alumeas, Oh sol da miña patria!». Inclúe un marcafollas pra que coñezas a historia de esta destacada escritora galega que se fixo un nome pola súa constante loita na súa vida e obra a favor dun mundo máis xusto.
Axenda de día por páxina. Con todo o mes a vista pra que non se che escape ningunha data importante.
Ademais, prepárate pra unha chea de frases inspiradoras de mulleres incribles! Páxinas pra reflexionar, coñecerte mellor e moitas máis sorpresas. 400 páxinas, tapa dura, peche con elástico e marcapáxinas.
Inclúe folla de adhesivos a color. Medidas: 17 x 21,5 cm. Deseñada e producida en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.