Axenda Escolar 25-26 A5 Diaria Rosalía Cantos
Axenda de curso escolar tamaño A5, coa cita da escritora Rosalía de Castro: «Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos». En galego e con deseño exclusivo, pra poñer en valor o noso e vivir un ano coa inspiración da nosa poeta máis emblemática. Inclúe un marcafollas con texto inspirador pra sinalar os teus días.
Axenda de día por páxina, de setembro do 2025 a agosto do 2026. Con todo o mes a vista pra que non se che escape ningunha data importante.
Ademais, prepárate pra unha chea de frases inspiradoras de mulleres incribles! Páxinas pra reflexionar, coñecerte mellor e moitas máis sorpresas. 400 páxinas, tapa dura, peche con elástico e marcapáxinas.
Inclúe folla de adhesivos a color. Medidas: 17 x 21,5 cm. Deseñada e producida en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.