Caderno A6 Ei Carballeira
8,90 €
Imp. incl.
En stock
Caderno A6 inspirado na expresión popular que nos transporta a momentos de foliadas, xuntanzas e ledicia: «Ei, Carballeira». Inclúe un marcafollas con texto inspirador.
Orgullosa do noso? Refraneira por natureza? Este caderno é pra ti. Con tapa extradura e encadernación en espiral cor bronce. Inclúe marcapáxinas con texto inspirador.
Tamaño pequeno, A6 (10,5 x 14,8 cm), ideal para levala sempre contigo. O seu interior é punteado, pra que poidas utilizalo pra escribir ou debuxar. Cada páxina leva o detalle dunha libélula (emblema da marca e símbolo de poder e equilibrio) nunha esquina.
Deseñado e producido en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles.
Color
Blanco
Idioma
Galego