Axenda escolar 23-24 Pequeña Diaria Galega
Axenda escolar A6 inspirada nunha morea de verbas galegas: ruliña, sorriso, troula, aperta, foliada… Inclúe pegatinas. Axenda dunha páxina por día. Con todo o mes dunha ollada pra apuntar-las datas crave. Con frases motivadoras e moitas máis sorpresas no seu interior. E de tamaño pequeño pra que poidas levala contigo a todas partes. A túa compañeira dun curso de ilusión e de non conformarse, de rebelarse, de gozar e de aprender! Inclúe marcafollas.
¿Tiveches algunha vez unha axenda co tamaño xusto pra levala contigo a todas partes? Esta teno. E vén con tapa dura. Con peche con goma. Con páxina por día. Con marcafollas coa biografía da persoeira. Con frases de grandes pioneiras. Con deseños exclusivos, creados especialmente pra mulleres que loitan cada día por logra-los seus obxectivos. Deseñada e fabricada en Galicia poñendo moito agarimo nos detalles. Medidas: 10,8 x 14,9 cm.
Productos relacionados