Axenda Escolar 26-27 Pequena Diaria Rosalía Canta
Axenda de curso escolar, de tamaño A6, inspirada en Rosalía de Castro. Na portada, as súas palabras: «Canta porque o millo medre, canta porque a luz te escoite».
Inclúe un marcapáxinas con versos de Rosalía do poema «¡Canta, paxariño alegre!» pra que os poidas ler sempre que queiras.
Axenda de día por páxina, de setembro de 2026 a agosto de 2027. Ao principio de cada mes: dúas páxinas pra que o vexas dunha ollada e non se te escape nin unha data importante, e espazo destinado aos teus obxectivos mensuais e ao teu plan de acción. Horario de clases ao inicio da axenda.
Con frases, poemas e curiosidades de Mulleres, e ademais, páxinas iniciais pra reflexionar e non perde-lo foco. Espazo pra notas ao final.
Medidas: 10,8 x 14,9 cm. 400 páxinas, tapa dura, peche con goma plana de 8mm. Marcapáxinas no interior con versos de Rosalía do poema «¡Canta, paxariño alegre!» pra que os poidas ler sempre que queiras. Inclúe unha folla de adhesivos a toda cor. Portada e gardas con deseño exclusivo de Animosa.
Esta axenda foi deseñada e producida en Galicia, coidando ata o último detalle.