Axendas Escolares
Axenda escolar 2026-2027 en galego para organizar o teu curso
O comezo do curso é algo máis que volver ás clases. É recuperar o ritmo, poñer en orde todo o que vén e atopar unha forma de organizarte que che acompañe sen esixirte de máis.
En Animosa deseñamos axendas escolares 2026-2027 en galego, pensadas para seguir o curso académico desde setembro ata o verán. Teñen formato día por páxina, fins de semana agrupados, vistas de calendario, espazo para escribir e tamaños A5 e A6 para que escollas a que mellor encaixe contigo.
Unha axenda escolar en galego non serve só para apuntar tarefas, exames ou entregas. Tamén pode ser ese lugar onde poñer en orde as túas ideas, lembrar o importante e volver a ti cando o curso se enche de cousas.
Porque organizarte non consiste en facelo todo perfecto, senón en ter un lugar claro ao que volver cada día.
_
Así é por dentro unha axenda escolar de Animosa
Un día por páxina
Cada día ten a súa propia páxina para anotar con calma. Clases, tarefas, exames ou o que necesites: todo cabe sen ter que resumir. Un formato pensado para que non teñas que escoller que deixas fóra.
Fin de semana adaptado
As fins de semana agrúpanse para ofrecerche unha visión máis lixeira, mantendo espazo suficiente para o esencial. Porque non todos os días do curso funcionan igual.
Calendario e planificación
Inclúe vistas mensuais e espazos que che axudan a organizarte ao longo do curso e a ter claro o que vén. Non se trata só do día a día, senón tamén de entender o conxunto.
Tamaños A5 e A6 para escoller
Podes escoller entre axendas tamaño A5, máis amplas e cómodas para escribir, e axendas A6, máis compactas e fáciles de levar contigo ás clases, na mochila ou onde as necesites. Prácticas para acompañarte durante todo o curso, sen resultar incómodas.
_
Unha axenda académica con detalles que marcan a diferenza
Adhesivos con mensaxe
As axendas en tamaño A5 inclúen adhesivos ilustrados con frases e detalles propios de Animosa. Serven para organizarte, pero tamén para acompañarte no día a día.
Para marcar o importante ou simplemente para facer a túa axenda máis túa.
Marcapáxinas
Para abrir sempre por onde estás e seguir o ritmo sen interrupcións. Un detalle sinxelo que acaba sendo imprescindible.
Espazos máis alá das tarefas
Tamén hai lugar para escribir, parar ou anotar o que necesitas sacar da cabeza. Porque non todo é organizar: tamén é poñer en orde o que pasa.
Contido que acompaña
Frases e referencias aparecen entre as páxinas e forman parte da experiencia. Non están aí por casualidade, senón para acompañarte ao longo do curso.
_
Organiza clases, tarefas, exames e datas importantes
Telo todo na cabeza non funciona. Cando o pasas ao papel, deixa de ser ruído e comeza a ordenarse. Unha axenda non che soluciona todo, pero si che dá un punto de apoio para avanzar con máis claridade.
Sabes que toca cada día
Podes ver o teu día con perspectiva e decidir en que te centrar sen ter que ir improvisando.
Todo está nun mesmo sitio
Tarefas, traballos e datas importantes reunidas nun único lugar. Sen depender de lembralo todo.
Chegas con máis calma ao importante
Anticiparte cambia a forma na que afrontas o curso. Non se trata de facer máis, senón de facelo con máis sentido.
_
Compra a túa axenda escolar en galego 2026-2027 online
Elixir a túa axenda é o primeiro paso.
Descobre as axendas escolares en galego de Animosa e atopa a que encaixe contigo. A que che acompañe durante todo o curso e che recorde, cada día, que podes facelo á túa maneira.
_
Preguntas frecuentes sobre as axendas escolares en galego
En que se diferencia unha axenda escolar dunha anual?
A axenda escolar comeza en setembro e segue o ritmo do curso académico ata o verán. Se prefires organizarte de xaneiro a decembro, podes consultar as nosas axendas anuais e escoller a que mellor encaixe contigo.
Pódese comezar a usar en calquera momento do curso?
Está pensada para acompañarte desde o inicio do curso, pero podes comezar a usala cando a precises. O importante non é cando comezas, senón ter un lugar ao que volver e organizarte á túa maneira.
Que extras inclúen as axendas?
As nosas axendas inclúen marcapáxinas, goma de peche e diferentes contidos como actividades, consellos e citas que che acompañan durante o curso. As versións en tamaño A5 inclúen ademais adhesivos ilustrados con mensaxe.
Hai axendas escolares en castelán?
Si. Ademais das axendas escolares en galego, en Animosa tamén podes atopar axendas escolares en castelán se prefires organizarte nese idioma.
Cando chegan as axendas para o curso 2026-2027?
Adoitan chegar a finais de maio, sempre antes de que comece o curso, para que poidas escoller a túa con calma e comezar desde o primeiro día.