Axenda Escolar 26-27 A5 Diaria María Mariño
Axenda de curso escolar, de tamaño A5, inspirada en María Mariño. Na portada, os seus versos: «Eu non sei si xa pasou ou se inda ten que pasar». Inclúe un marcapáxinas con versos do poema pra levalos sempre contigo.
Axenda de día por páxina, de setembro de 2026 a agosto de 2027. Ao principio de cada mes: dúas páxinas pra que o vexas dunha ollada e non se te escape nin unha data importante, e espazo destinado aos teus obxectivos mensuais e ao teu plan de acción. Horario de clases ao inicio da axenda.
Con frases, poemas e curiosidades de Mulleres, e ademais, páxinas iniciais pra reflexionar e non perde-lo foco. Espazo pra notas ao final.
Medidas: 15,8 x 21,3 cm, lombo de 2,4 cm. 400 páxinas, tapa dura, peche con goma plana de 8mm. Marcapáxinas no interior con versos de María Mariño pra levalos sempre contigo. Inclúe unha folla de adhesivos a toda cor. Portada e gardas con deseño exclusivo de Animosa e a cita: «Eu non sei si xa pasou ou se inda ten que pasar».
Esta axenda foi deseñada e producida en Galicia, coidando ata o último detalle.