María Victoria Moreno: a muller que non necesitou nacer en Galicia para amar a nosa cultura e a nosa lingua

Só catro mulleres foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas desde a creación desta celebración en 1963. Son Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño e María Victoria Moreno. Foi en 2018 cando moitas persoas coñeceron o nome desta muller de vida apaixonante, entregada a Galicia e a súa cultura, a quen en Animosa decidimos homenaxear tamén na nosa colección.

[Versión en castellano más abajo]

Quen foi María Victoria Moreno

María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara, un pobo da provincia de Cáceres, limítrofe con Portugal, en 1939. Apaixonada das linguas e a cultura desde nena, aprendeu francés e catalán durante a súa estancia en Barcelona para estudar Bacharelato. E tras licenciarse en Filoloxía Románica, empezou o que ela mesma denominou a súa «historia de amor» co galego.

María Victoria Moreno

Traballou como profesora en Lugo, Sanxenxo e, durante a meirande parte da súa carreira, en Pontevedra. Xa desde a súa primeira estancia como profesora no Instituto Masculino de Lugo, descubriu a realidade bilingüe de Galicia. Iniciou e seu compromiso co galego, ao que consideraba a «lingua dos pobres», para defendela, eloxiala e reivindicala. Por iso, dedicou parte das súas clases de Lingua Española a ensinar galego, impartiu cursos gratuítos e enfrontouse á prohibición da ditadura franquista á súa ensinanza da lingua.

Admiradora de Cervantes, Otero Pedrayo, Saint-Exupéry ou Carlos Casares, o seu amor pola lingua axiña se fixo extensivo á literatura. Comezou a escribir en galego desde pouco despois de chegar a Galicia. Non o fixo apenas xa en outras linguas ata que finou en Pontevedra en 2005, aos sesenta e seis anos.

Por onde comezar a lela

María Victoria Moreno deixou un legado amplo de poesía, narrativa, relatos e ensaios en galego. Pero o campo no que máis destacou é o da literatura infantil e xuvenil. A súa primeira obra publicada foi Mar adiante, en 1973.

Aínda que a obra que lle deu fama e que pasou polas mans de varias xeracións de lectores galegos é Anagnórise, publicada en 1988, unha amena novela que narra a viaxe dun mozo a Madrid, despois de deixar o instituto, compartido coa muller que o recolle mentres fai auto-stop. Unha historia chea de sorpresas, de diálogos enxeñosos e de aprendizaxe, polo que o nome de María Victoria Moreno quedou gravado en letras de ouro na historia da literatura galega.

María Victoria Moreno, unha muller Animosa

Como xa sabedes, en Animosa sempre nos gusta homenaxear mulleres pioneiras, relevantes na historia, ás veces non tan coñecidas, pero das que sempre temos moito que aprender. Por iso, este ano dedicámoslle unha das nosas axendas anuais, cunha frase en portada que nos namora. E que é o mellor mantra que podemos repetirnos cada mañá antes de enfrontarnos ás tarefas do día.

Axenda Animosa María Victoria Moreno

Tamén podedes atopala coma parte dos almanaques de 2020, tanto de parede coma de sobremesa, compartindo protagonismo nas súas páxinas con Rosalía de Castro, Pepa a Loba e outras mulleres célebres da historia e a cultura galegas. É a nosa pequena achega a que mulleres coma María Victoria Moreno entren en tódolos fogares das mulleres Animosa.

[Versión en castellano]

Solo cuatro mujeres han sido homenajeadas en el Día das Letras Galegas desde la creación de esta celebración en 1963. Son Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño y María Victoria Moreno. Fue en 2018 cuando muchas personas conocieron el nombre de esta mujer de vida apasionante, entregada a Galicia y su cultura, a quien en Animosa hemos decidido homenajear también en nuestra colección.

Quién fue María Victoria Moreno

María Victoria Moreno nació en Valencia de Alcántara, un pueblo de la provincia de Cáceres, limítrofe con Portugal, en 1939. Apasionada de las lenguas y la cultura desde niña, aprendió francés y catalán durante su estancia en Barcelona para estudiar Bachillerato. Y tras licenciarse en Filología Románica, empezó lo que ella misma denominó su «historia de amor» con el gallego.

Almanaque Animosa 2020

Trabajó como profesora en Lugo, Sanxenxo y, durante la mayor parte de su carrera, en Pontevedra. Ya desde su primera estancia como profesora en el Instituto Masculino de Lugo, descubrió la realidad bilingüe de Galicia. Inició su compromiso con el gallego, al que consideraba la «lengua de los pobres», para defenderla, elogiarla y reivindicarla. Por ello, dedicó parte de sus clases de Lengua Española a enseñar gallego, impartió cursos gratuitos y se enfrentó a la prohibición de la dictadura franquista a su enseñanza de la lengua.

Admiradora de Cervantes, Otero Pedrayo, Saint-Exupéry o Carlos Casares, su amor por la lengua pronto se hizo extensivo a la literatura. Comenzó a escribir en gallego desde poco después de llegar a Galicia. Apenas lo hizo ya en otras lenguas hasta que falleció en Pontevedra en 2005, a los sesenta y seis años.

Por dónde empezar a leerla

María Victoria Moreno ha dejado un legado amplio de poesía, narrativa, relatos y ensayos en gallego. Pero el campo en el que más ha destacado es el de la literatura infantil y juvenil. Su primera obra publicada fue Mar adiante, en 1973.

Portada de la novela «Anagnórise», de María Victoria Moreno

Aunque la obra que le ha dado fama y que ha pasado por las manos de varias generaciones de lectores gallegos es Anagnórise, publicada en 1988, una amena novela que narra el viaje de un joven a Madrid, después de dejar el instituto, compartido con la mujer que lo recoge mientras hace auto-stop. Una historia llena de sorpresas, de diálogos ingeniosos y de aprendizaje, por el que el nombre de María Victoria Moreno ha quedado grabado en letras de oro en la historia de la literatura gallega.

María Victoria Moreno, una mujer Animosa

Como ya sabéis, en Animosa siempre nos gusta homenajear a mujeres pioneras, relevantes en la historia, a veces no tan conocidas, pero de las que siempre tenemos mucho que aprender. Por eso, este año le hemos dedicado una de nuestras agendas anuales, con una frase en portada que nos enamora. Y que es el mejor mantra que podemos repetirnos cada mañana antes de enfrentarnos a las tareas del día.

Agenda Animosa 2020

También podéis encontrarla como parte de los calendarios de 2020, tanto de pared como de sobremesa, compartiendo protagonismo en sus páginas con Rosalía de Castro, Pepa a Loba y otras mujeres célebres de la historia y la cultura gallegas. Es nuestra pequeña contribución a que mujeres como María Victoria Moreno entren en todas las casas de las mujeres Animosa.

2 respuestas a «María Victoria Moreno: a muller que non necesitou nacer en Galicia para amar a nosa cultura e a nosa lingua»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − 5 =